No seu tramo final o Sil serve de fronteira natural entre as provincias de Lugo e Ourense ata unirse co Miño na aldea dos Peares. Neste tramo o río avanza represado entre paredes case verticais de ata 500 m. de altura por dous encoros: o de San Pedro e o de Santo Estevo. Polo cumio destas paredes verticais discorren estradas sinuosas que conducen a pequenas aldeas e constitúen excelentes miradoiros sobre o canón do Sil.
Para seguir a ruta do Sil podemos comezar nos Peares. Se chegamos dende a provincia de Lugo pola marxe dereita do Miño, atravesamos á súa marxe esquerda, xiramos á dereita para seguir a estrada dirección Ourense e atravesamos o Sil para enlazar coa N-120. Neste punto xiramos de novo dirección Lugo pola N-120 e, antes de chegar de novo aos Peares, collemos á dereita unha estrada que sube montaña arriba cara a Luíntra pasando por O Alcouce, Cruz da Moura, Monteverde. A 1 qm. de Luíntra veremos a necrópole das Cabanas ou da Moura, un campo de mámoas datadas entre 3500 e 2000 anos a. C. Desde Luíntra, terra de afiadores e paragüeiros como nos lembra a escultura que preside a praza da vila, podemos seguir ata o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, na actualidade Parador Nacional de Turismo. Para chegar ao mosteiro hai que seguir a estrada OU-0508=CV-523 e desviar á esquerda pola OU-504. Aquí ademais do atractivo do mosteiro e da igrexa temos unha ruta de senderismo circular de case 10 qm. para coñecer a paisaxe da zona.
De continuarmos a ruta do Sil teremos que subir de novo ata a estrada principal CV-523 que continúa por Parada Seca, Alberguería, Cachaldora, Caxide... ata Parada de Sil. A estrada vai seguindo o curso do Sil a vista de paxaro e as paisaxes que se poden contemplar dende esa altura son asombrosas. Numerosos miradoiros sinalizados ao longo do traxecto, como o de Cabezoás, van indicando ao viaxeiro os lugares nos que pode parar. Pero o máis espectacular é o coñecido como los balcones de Madrid, ao que se accede collendo unha desviación á esquerda dende o centro de Parada de Sil. Antes de entrar nesta localidade atopamos tamén á esquerda un cruce coa indicación do mosteiro de Santa Cristina de Ribas Sil a 4,5 qm. Esta estrada descende monte abaixo protexida por unha frondosa vexetación autóctona ata chegar ao mosteiro, que apenas consegue asomar a súa torre por riba das árbores que o rodean. Dende o alto da torre pódese ver, moito máis abaixo aínda, o río Sil, polo que se poden ver navegar catamaráns cheos de turistas.
De regreso a Parada de Sil continuamos pola OU-0605 pasando por Sacardebois ata chegar a San Lourenzo de Barxacova e ao río Mao. Aquí cómpre facer outra parada antes de continuar ata Cristosende, unha aldea singular cun casarío tradicional moi ben conservado e Teixeira, situadas ambas as dúas en lugares privilexiados sobre o canón do Sil. Dende aquí podemos ir a Santa Tegra de Abeleda e visitar as ruínas do mosteiro de San Paio de Abeleda e finalizar a ruta en Castro Caldelas.
Castro Caldelas, situada á beira da VIA NOVA romana, é unha pequena vila medieval que ten as súas orixes nun primitivo castro celta. Aquí podemos descansar e visitar o castelo e outros edificios adxacentes. Na rúa que sobe ao castelo está a casa na que viviu o ilustre fundador do Grupo Nós, Vicente Risco, hoxe convertida en hotel. Dende esta vila parten varias rutas de sendeirismo, como a ruta dos muíños, que comeza a dez metros do centro da vila.
Se continuamos a viaxe dirección Ourense podemos desviarnos ata Montedarramo para visitar o mosteiro de Santa María e o bidueiral. Logo podemos volver á C-536 e chegar a Vilariño Frío para ver a súa ponte romana, agochada entre a vexetación á marxe dereita da estrada. Seguimos dirección Ourense e despois de pasar o Alto do Rodicio comezamos a divisar unha panorámica do val de Maceda ata chegar ao concello de Xunqueira de Espadanedo. Aproximadamente no medio da vila atopamos á dereita, entre as casas, un cruce que conduce ao mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, onde está ubicado o concello na actualidade.
Para continuar o camiño temos que volver á C-536 e a 1,5 qm. atopamos un cruce á esquerda que conduce a Niñodaguia, famosa pola súa cerámica. Volvemos á C-536, continuamos ata Esgos e seguimos un qm. máis ata chegar a un cruce situado á dereita que conduce ao mosteiro de San Pedro de Rocas, situado nunha paraxe boscosa rodeado de vexetación autóctona e fontes de auga. Outro lugar delicioso para pasar o día.
Para continuar o camiño deberemos volver ata o cruce e xirar á dereita para finalizar o noso percorrido en Luíntra, ou ben seguir dirección Ourense.
"Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo". V. Risco.
galiciaconfindosverdescastros
Amosando publicacións coa etiqueta Ribeira sacra b>. Amosar todas as publicacións

A RIBEIRA SACRA DO MIÑO
Iniciamos a ruta en Chantada seguindo o curso do río Asma e pouco despois de pasar A Ponte e Líncora desviámonos á esquerda en dirección á aldea de Belesar, de onde parten os catamaráns que realizan rutas fluviais polo Miño.
A estrada estreita e de pronunciado desnivel descende sinuosa entre viñedos e bodegas ata chegar á beira do Miño. De cando en vez atopamos pequenos aparcadoiros para os tractores á entrada das viñas, moi oportunos para estacionar o coche uns minutos e contemplar as espectaculares vistas do canón do Miño. Xa en Belesar, atravesamos a ponte e continuamos á dereita seguindo o curso do río cara ao sur ata chegar á praia fluvial da Cova, un bucólico remanso cunha área recreativa onde poder descansar á sombra das árbores fronte ao meandro que forma o río para salvar o Cabo do Mundo. A partir de aquí a estrada comeza a ascender e alonxarse cada vez máis do río entre árbores e viñedos. Dende esta marxe pódense ver ao outro lado pequenas aldeas agochadas entre as boscosas abas da ribeira, completamente mimetizadas coa paisaxe, e paraxes imponentes como a península do castro de Noguerol, tamén coñecida como Cabo do Mundo, de 518 m. de altitude, da que temos unha panorámica privilexiada dende o miradoiro da Cova ou dende a igrexa románica de San Martiño da Cova de Seoane, a 1 qm. da praia fluvial. Logo, a estrada segue ascendendo ata Fión onde cómpre parar para ver o ecomuseo Pazo de Arxeriz, un extraordinario centro de interpretación etnográfico da contorna. A partir de aquí a seguinte parada depende das preferencias de cada un. Unha tea de araña de estradas secundarias conducen a un sinfín de aldeas cheas de sorpresas agradables que hai que descubrir. A miña suxestión é seguir a estrada CP-41-02 ata Eiré para visitar a igrexa de San Miguel e continuar logo ata Ferreira de Pantón para visitar o mosteiro cisterciense das Bernardas. Dende aquí temos moi perto San Fiz de Cangas, Santo Estevo de Atán e San Vicente de Pombeiro.
Dende San Estevo de Atán os máis aventureiros poden achegarse a Marce, na parroquia de Vilar de Ortelle e percorrer a ruta de sendeirismo que conduce á fervenza de Augas Caídas, de arredor de 30 m. de altura, de difícil acceso no tramo final. Se ides, veredes un letreiro á esquerda da estrada que sinala o comezo da ruta antes de chegar a Marce.
De volta de Augas Caídas o mellor é desandar o camiño ata chegar de novo á N-120 e seguila ata Monforte de Lemos, importante nó de comunicacións ferroviarias de Galicia. Se ben as súas orixes se remontan a épocas prerromanas, Monforte é unha vila medieval situada á beira do río Cabe, afluente do Sil, que conserva un patrimonio histórico artístico de gran importancia como a torre da homenaxe e o castelo dos condes de Lemos, o mosteiro benedictino de San Vicente del Pino, hoxe Parador de Turismo, o convento de Nosa Señora da Antiga, tamén coñecido como colexio dos Escolapios, o museo de arte sacro do convento das Clarisas, o barrio xudeu ou a ponte vella.
De Monforte sairemos pola estrada LU-617 dirección Chantada e a medio camiño entre esta localidade e Escairón colleremos a LU-3207 á dereita para visitar o Pazo de Tor, un dos pazos fidalgos mellor conservados de Galicia. Para chegar a el hai que pasar por Toiriz, Moreda, San Xillao de Tor, cruce á esquerda e Museo e Pazo de Tor.
Volvemos de novo á LU-617 dirección Chantada e enlazamos coa CRG 2.1 que segue ata Escairón. Aquí sairemos á dereita para realizar un xiro na glorieta e enlazar coa LU-5809 que conduce a Diamondi, a ruta máis curta, a 18 qm. do Pazo de Tor, para visitar a igrexa románica de San Paio de Diamondi e percorrer unha ruta de sendeirismo de case 3 qm. coñecida como Os Codos de Belesar, porque traza tres pronunciadas curvas para salvar a pendente de 300 m. que separa Diamondi de Belesar.
A ruta dos Codos de Belesar iníciase ao lado da marquesiña do autobús, fronte ao cimeterio de Diamondi, situado un pouco máis arriba da igrexa, e transcorre case totalmente entre soutos e carballeiras por unha calzada romana da que se conservan algúns tramos.
No tramo final, o máis pendente, predominan as plantacións de viñas e pódense contemplar espectaculares vistas do Miño e dos viñedos e bodegas que parecen facer equilibrios na forte pendente da outra marxe do río.
Volvemos a Diamondi se non temos quen nos recolla en Belesar e seguimos a estrada cara ao norte pasando por Galegos, A Capela Vella e Fondo da Vila ata enlazar co corredor CRG 2.1 dirección Chantada. A menos de 2 qm. atopamos un cruce á esquerda que indica Santo Estevo de Ribas de Miño, a onde chegaremos despois de ascender arredor de 2 qm.
Para continuar cara a Chantada hai que baixar de novo ata a CRG 2.1 e pasar o río Miño pola ponte nova.
Antes de chegar a Chantada podemos desviarnos á dereita en Tarrío para visitar a igrexa de Sta. María de Pesqueiras situada enriba do embalse de Belesar, con pinturas murais de gran valor no seu interior.
Volvemos de novo cara a Chantada e dende o barrio do Asma saímos pola mesma ruta do inicio, pero esta vez, pasado o barrio da Ponte, deberemos desviarnos á dereita para iniciar a ruta da marxe dereita do Miño. Por este lado a estrada transcorre sinuosa e sombría entre bosques de castaños, érbedos, sobreiras, carballos e algúns piñeiros, atravesada ás veces por torrentes que dirixen as súas augas en dirección ao Miño, como o río Fondós, que no seu tramo final salva vertixinosas pendentes con fervenzas de diferentes alturas. A de maior altitude podedes vela despois de pasar San Pedro de Erbedeiro, nunha curva cunha ponte que salva o Fondós, ao lado da imponente parede vertical do Penedo de Graúllo. Para vela en todo o seu esplendor hai que seguir uns 200 m. a estrada que comeza a ascender dende a ponte trazando pronunciadas curvas. Neste punto pódense ver espectaculares panorámicas da fervenza do Fondós, do Penedo de Graúllo, e uns metros máis adiante, do canón do Miño.

Restos de calzada romana

Penedo do Graúllo
A 3 qm de aquí atopamos a aldea de Chouzán onde está ubicada unha das igrexas románicas más espectaculares desta zona nunha paraxe impresionante: Santo Estevo de Chouzán. E aproximadamente 6 qm. máis adiante a de San Xoán da Cova. A partir de aquí continuaremos ata Os Peares, lugar de confluencia do Miño co Sil e o Bubal e das provincias de Lugo e Ourense. AQUÍ tedes información das igrexas deste último tramo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)