Ver RUTA DA ESTACA DE BARES nun mapa máis grande
RUTA DA ESTACA DE BARES
O cabo da Estaca de Bares é o norte do norte, un enclave espectacular que se introduce
no mar Cantábrico e soporta impasible arremetidas de ventos e tempestades. Este é un
deses lugares que un non pode deixar sen coñecer.
Para chegar aquí hai que seguir a
estrada da costa (C-642) que vai dende Ponte de Mera a Viveiro e, á altura do Porto do Barqueiro, coller nun cruce á
man esquerda a (AC-100) que conduce directamente ao Faro da Estaca de Bares. A estrada de arredor de 9 quilómetros é estreita, pero cunhas vistas
impresionantes, e remata nun aparcadoiro onde se pode deixar estacionado o coche.
Neste finisterrae o faro e a casa do fareiro son os únicos indicios de civilización. Se o fareiro está accesible tal vez vos ensine o faro por dentro, pero se non é posible, pódese bordear o edificio e continuar por un estreito vieiro cara á punta do cabo. Nesta zona a paisaxe é sobrecolledora e perigosa, especialmente en días de vento, porque nalgúns tramos o camiño discorre pola beira do precipicio.
Se ides en primavera ou en verán veredes o chan tapizado de flores. Entre elas están as da ''Armeria maritima'', coñecida popularmente como “herba de namorar”, pero limitádevos a observala ou fotografala porque está en perigo de extinción.

De volta ao aparcadoiro e mirando cara ao leste hai unha senda que conduce a unha antiga
base americana abandonada. Seguídea cara ao mar e atoparedes o observatorio
de aves e unha serie de muíños construídos na pendente do cantil
ata perto do mar. Despois de contemplar a paisaxe dende este punto podedes seguir
andando, en bici ou en coche ata o Semáforo, transformado na actualidade nun hotel cunhas vistas espectaculares sobre a ría do
Barqueiro.
Se tedes uns días para poder desconectar e descansar non o dubidedes; este é un deses lugares nos que se respira paz e tranquilidade.
De quedardes podedes repartir o tempo entre a praia e os paseos. Hai unha ruta de sendeirismo que percorre o cabo todo arredor para disfrutar da natureza.
A un quilómetro e
medio do porto de Bares está a aldea de Bares onde se poden ver antigos muíños de
auga e de vento. Dende aquí pódese chegar ata a Cuncha da Dorna, á beira
dos cantís da costa oeste, cunhas vistas extraordinarias da ría de Ortigueira e
da costa do cabo Ortegal.
Seguindo pola
estrada que leva ao Porto do Barqueiro atoparedes á dereita unha pista que vai ao Facho de Maeda, onde atoparedes unha garita restaurada dende a que se pode observar unha panorámica
da costa. De novo na estrada que conduce ao porto do Barqueiro, un pouco máis adiante, tedes a opción de baixar ata o castro e a praia de
Vilela, para descansar ou refrescarse cun relaxante baño no mar ou, pola contra, continuar ata o porto do Barqueiro, outro típico pobo mariñeiro situado na desembocadura do río Sor, mirando cara á ría do Barqueiro. A vila gabea monte arriba ao abeiro dos ventos do norte e acolle no seu porto unha pequena frota de barcos de pesca.